mércores, 5 de decembro de 2018

Botamos a andar un novo proxecto no IESP A Cachada: MUNDIAPICULA. Un proxecto STE(A)M e multidisciplinar que  parte do EDL e procura a implicación dunha gran parte da comunidade escolar e a inclusión das familias nas actividades que se desenvolvan. Ten como principal obxectivo a consecución das competencias clave, así como pasalo ben e seguir fomentando o bo clima de traballo e de relacións que temos no noso centro.
Como ben di o título, é un proxecto que xira en torno ás abellas e ao mel, abranguendo todos os aspectos relacionados con este mundo e tratado dende as diferentes materias.
Decidímonos por este programa porque cremos que o noso alumnado debe aprender a investigar as matemáticas e a tecnoloxía e para iso debemos crear un ambiente de especulación matemático-tecnolóxico como elemento clave na aprendizaxe e así mesmo crear un ambiente de especulación lingüístico-social para deixar que sexa o alumnado o protagonista da súa propia aprendizaxe, construíndoo. Ademais, queremos priorizanr o traballo práctico, oral e a comprensión, primando a competencia fronte á acumulación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario