BIOLOXÍA



A ANATOMÍA DAS ABELLAS. NOVAS ESPECIES INVASORAS

 Obxectivos


Coñecer e distinguir as especies autóctonas das foráneas.
Reflexionar e/ou desmitificar sobre os métodos que se empregan para combater a velutina.
Fomentar o traballo en equipo e activar o espírito crítico no noso alumnado. 

Participación


A través da investigación e do coñecemento saber distinguir cales son as nosas abellas,
avespas, etc..
A avespa velutina e o impacto ecolóxico.
Construción de murais coas distintas especies.
Exposición de niños de velutina. 

O profesor faloulles na aula, ao alumnado de 1º da ESO, dos temas anteriores e,
aproveitando a presenza do relator-apicultor, Fernando Cores, o alumnado de 4º da ESO
puido recibir información sobre a avespa velutina e o impacto ecolóxico. Tamén
puideron ver dous niños de velutina que temos na exposición.





Ningún comentario:

Publicar un comentario