XEOGRAFÍA E HISTORIA

Obxectivos:

- Coñecer as posibilidades "artísticas" da cera.
- Descubrir a historia do mel a través da arte
- Coñecer diferentes tipos de colmeas
- Fomentar o traballo en equipo
- Potenciar a imaxinación e a creatividade
- Desenvolver a competencia dixital

PARTICIPACIÓN 

1. Obradoiro de Candeas

Co alumnado de 2º da ESO fixemos un obradoiro de candeas, cunha gran variedade de formas. A actividade fomentou a cooperación entre o alumnado, un bo clima de traballo e a adquisición de coñecementos para faceren os seus propios produtos.













2. A historia do mel a través da arte

Nos grupos de 1º da ESO. investigamos sobre as diferentes manifestacións artísticas relacionadas co mel durante a Prehistoria e a Idade Antiga en diferentes lugares do mundo, como mostra de que é un fenómeno multicultural moi antigo. Para elaborar os dous carteis utilizouse  unha aplicación chamada "Canva".




3. Do trobo á colmea plana coas abellas negras de Cévennes (Francia). 

Este traballo realizouno unha alumna de 1º da ESO, de orixe francés, que investigou o traballo dos/das apicultores /as nunha zona de Francia (Cévennes).
A partires dos escasos documentos históricos atopados, baseados na tradición oral, podemos deducir que os trobos remóntánse, aproximadamente, ao século XVI. Sabemos por eles que as mulleres se ocupaban das colmeas, filtrando o mel e coidando as abellas.
A crianza artesanal da abella negra local en trobo mantívose nos anos 70 do século XX, ata que comezou un cambio usando unha colmea plana, cunha nova raza de abellas e orientada a un comercio máis amplo có local.
A pesares deste cambio, os/as apicultores de Cévennes preocúpanse por conservar as antigas colmeas, intentado conciliar os valores patrimonais cunha necesidade ecónomica. 
Proceso de elaboración da maqueta




















Ningún comentario:

Publicar un comentario