Obxectivos
Reflexionar sobre a comunicación humana e outras comunicacións, neste caso das abellas. así como fomentar o debate sobre a pertinencia dunha sociedade semellante á que rexe as colmeas
Contidos
Traballamos o mundo dos panais e a sociedade das abellasa través dos
coñecementos previos do alumnado e das pequenas investigacións que fixemos.
Decatámonos que dalgún xeito humanizabamos a estes insectos adxudicándolles

nomes paralelos a grupos sociais humanos (obreiras, raíñas...). Reflexionando
sobre a sociedade occidental a través da historia e tendo en conta o poder
e a influencia das redes sociais hoxe,decidimos unir estes vectores nun Instagram
analóxico. As redes sociais simplifican realidades moi complexas, ás veces
frivolizando sobre cuestións con moito peso. Traballamos conceptos como a
monarquía, que significa ser traballador/a hoxe en día, ou que grupos sociais poden

ser considerados como non produtivos.
Participación
Imitando Instagram, unha coñecida rede social utilizada
polo alumnado con asiduidade, o alumnado tomou imaxes
e inventaron hashtag, é dicir, etiquetas de rede social para
identificar as pescudas na rede, pretendendo provocar
a sorpresa ou a risa nos participantes do noso instagram analóxico.
Para representalo fixémonos cunha verdadeira colmea.
Cada panal funciona como unha conta de Instagram.
Cada conta representa a raíña, abázcaro e obreiras.
Ao ser interactiva, os observadores poden extraer
cada panal da colmea, contemplalo e darlle ao “gústame”,
o famoso like que tanta dopamina consegue facer fluír
polo cerebro adiante.

Pretendemos que fose atractiva, interactiva, sinxela,
que nos fixera pensar e, podendo ser, rir.

EXPOSICIÓN |
Ningún comentario:
Publicar un comentario