EDL

COORDINANDO A ACTIVIDADE

Obxectivos

Dinamizar a nosa lingua propia e, insistir en que o galego é unha lingua útil para a ciencia.
Fomentar a creatividade  e o traballo multidisciplinar entre a comunidade educativa.
Insistir na lóxica do traballo por proxectos
Fomentar o gusto polo traballo en grupo e multidisciplinar, así como o respecto entre todos os membro da comunidade educativa.
Implicar as familias no fomento e uso do galego e na participación activa nas actividades escolares e extraescolares
Dar a coñecer diferentes aspectos relevantes da nosa cultura, favorecendo o respecto polo propio e educando ao noso alumnado para que poñan en valor o diferencial da nosa cultura.

Participación

Creación e actualización do blog
Preparación de viaxes (autorizacións, contactos..)
Axuda ás outras actividades

E por fin... xa fixemos a viaxe ao museo do mel en Arzúa: O enredo do abelleiro.
Fomos todo o alumnado de 1º da ESO.
Participamos en diferentes obradoiros que estiveron dirixidos por un monitor ou monitora:
1. Degustación de mel, xelea real, propoleo: explicación detallada da procedencia 
destes produtos, tamén dos seus beneficios para a saúde.
2. Elaboración de velas con panais de cera
3. Visita e explicación sobre os diferentes elementos que conforman a apicultura: colmeas, 
ferramentas...

4. Explicación sobre a vida no interior dunha colmea (colmeas de cristal), identificación da
raíña, das obreiras e dos abázcaros.
5. Visita e explicación sobre o proceso de obtención do mel ata o seu envasado.
6. Visita á alvariza (apiario) do museo.



     
Interior de colmea







  
Preparados para o envasado






Ningún comentario:

Publicar un comentario