GALEGO


 TRABALLANDO O TEXTO, CONSTRUÍNDO IMAXE.

 Obxectivos

Construír textos orais e escritos sobre esta temática.
Coñecer a historia do mel e da arquitectura popular que xira entorno a el, través de exposicións iconográficas, visitas...
Coñecer a linguaxe cinematográfica.
Coñecer o vocabulario, ditos e refráns, referidos á apicultura
Utilizar ferramentas dixitais 

 Participación

Elaboración de documentais e visita a unha albariza
A banda deseñada  
Produción de textos orais e/ou dixitais con léxico propio deste mundo
O xénero dramático: a danza das abellas.
As vangardas (caligramas) e a danza das abellas. 
Estudo da toponimia relacionada coa apicultura
Regueifas sobre o mel. 
Planificación da viaxe ao museo do mel: Descrición, procura de información...Outros aspectos relevantes da ruta como pode ser a literatura, música...
Exercicios interactivos de vocabulario propio deste mundo

A ORALIDADE E O MUNDO DA APICULTURA

O alumnado de 1º da ESO investigou e buscou información recorrendo a diferentes fontes: experiencias persoais (avós), visita ao museo do mel de Arzúa, dixital, e fixeron traballos,  en soportes vídeo e ppt, no que se trataban os diferntes aspectos que presenta o mundo da apicultura. Serviu para fomentar o uso do galego, o coñecemento do vocabulario propio  e a expresión oral en xeral, ademais de adquirir uns coñecementos necesarios para concienciar sobre a importancia das abellas no mundo.

















TRABALLANDO CO CÓMIC EN 1º ESO

Co alumnado de 1º da ESO traballamos este medio visual de narración verbal e icónica. O alumnado soubo ver a interacción entre imaxe e texto asi, como as características que ten este código. Practicaron o resumo de texto, estudararon os distintos planos cinematográficos e os ángulos que se empregan tamén neste medio e pasárono ben.









TOPONIMIA GALEGA RELACIONADA COA APICULTURA

O alumnado de 3º de ESO realizou un estudo sobre os nomes de entidades de poboación e lugares relacionados coas abellas e a apicultura en xeral. A nosa sorpresa foi comprobar que topónimos como abelleira, alvariza, colmea ou trobo ateigan a  nosa xeografía. Velaquí o resultado:







O TEXTO EXPOSITIVO: OS DIVERSOS TIPOS DE MEL E AS SÚAS PROPIEDADES


En 3º de ESO tamén traballamos o texto expositivo e aproveitamos para realizar unha exposición sobre os diversos tipos de mel e os seus beneficios e propiedades. Isto ten moito que ver coa flora da que as nosas abellas extraen o néctar e o pole. De paso aprendemos tamén o nome de moitas das plantas que lle atribúen ó noso mel as divesas tonalidades e beneficios para a nosa saúde.









Ademais realizamos unha exposición na entrada principal do noso instituto con algunhas destas plantas:







VOCABULARIO RELACIONADO COAS ABELLAS E A APICULTURA

Neste 3º trimestre coñecemos moitas palabras relacionadas con estes animaliños e co mundo da apicultura en xeral. Velaquí vos deixamos unhas nubes de palabras que dan boa conta de todo o que aprendemos:




E mesmo algúns rapaces e rapazas de 3º de ESO nos animamos a crear dous xogos KAHOOT e un quizlet para que poidades ampliar vós tamén o voso léxico. Velaquí volos deixamos:







Ningún comentario:

Publicar un comentario